O proxecto de Gaélico Escolas continúa a difundir o fútbol gaélico en toda Galicia, esta vez na localidade de Urdilde, Rois.
O C.E.I.P. Plurilingue de Pumar en Urdilde foi o escenario onde se desenvolveron unhas xornadas formativas de fútbol gaélico, impartidas pola Gaelico Escola da Comarca de Compostela. Estas contaron coa presenza de Alexandre Sanmartín, seleccionador galego, e David de La Torre, xogador do Estrela Vermelha de Compostela e da selección galega. A actividade estivo coordinada pola profesora de Educación Física do centro, Alicia Dios.
Nas xornadas particiou o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do centro, que previamente elaborara unha serie de traballos para coñecer a historia do deporte e a sua chegada a Galicia. Posteriormente, o alumnado aprendeu as regras básicas do deporte e as principais técnicas que se empregan no xogo. Como conclusión, celebrouse un pequeno torneo que contou coa participación de 4 equipos.
Se queres participar no proxecto ou que a túa escola reciba unha sesión práctica de fútbol gaélico enviar un email a: escolas@gaelicogalego.gal.