Axenda, Novas

Torneo de Nadal

Xa temos aquí o I Torneo de Nadal .GAL de fútbol gaélico escolar!

O campionato celebrarase o vindeiro venres día 16 en Viaño Pequeno (Trazo), en horario de 10 da mañán a 1 da tarde, actuando a modo de festa de feche de ano para as escolas que estiveron desfrutando do fútbol gaélico nos derradeiros meses nos arredores de Compostela.

O evento conta colaboracón do Estrela Vermelha, clube de fútbol gaélico afincado entre Compostela e Trazo, e que nos últimos meses estivo impulsando visitas a este centros dentro do programa da Xunta de Galicia “coñece ao teu clube”.

Nel estímase unha participación duns 150 nenos procedentes de tres centros da comarca: CPI Viaño Pequeno (Trazo), CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón) e CEIP Pumar (Urdilde).