Formación e divulgación do fútbol gaélico en Galicia

Gaélico Escolas

As Gaélico Escolas nace como un proxecto de formación e divulgación do fútbol gaélico entre os máis xóvenes. Conscientes da importancia que isto ten na continuidade e supervivencia de calqueira modalidade deportiva, o obxectivo principal deste proxecto é fomentar a práctica do fútbol gaélico entre as nenas e nenos que se atopan en idade escolar, promovendo os valores que leva intrínsecos o noso deporte e formando futuros xogadores.

As entidades interesadas non precisarán ningún tipo de afiliación á GAA, AGFG ou outras entidades similares, simplemente a vontade e o desexo de promover o fútbol gaélico entre os máis xóvenes. Con todo, procurarase que cada Escola (ANPA, Centro ou Club) estexa vinculada a un club de referencia co fin de ter un maior apoio loxístico no desenvolvemento da actividade.