Axenda, Destacado, Novas

Escola deportiva de fútbol gaélico en Vigo

Keltoi Vigo, dentro do proxecto Gaelico Escolas, lanza a súa escola deportiva en Vigo no campo de fútbol da ETEA, a comezar a partir de novembro.

Se queres que a túa filla ou fillo aprenda a xogar fútbol gaélico mandade un email a keltoivigo@gmail.com ou seguide as instrucións que aparecen nas imaxes.