Os días 14 e 15 de maio terá lugar en Vigo o curso de adestradores de fútbol gaélico “Award One”.
Este curso, título oficial do programa da Gaelic Athletic Association, é unha continuación do curso “Foundation” (iniciación), cuxa última edición na nosa terra tivo lugar o pasado 30 de xaneiro. Este programa profundiza tanto en técnica como en tácticas específicas do fútbol gaélico, e permitirá aos alumnos deseñar adestramentos máis amenos e efectivos.
Debido ao contido do curso, que terá unha parte teórica pero será maioritariamente práctica, terá unha duración de dous días (sábado e domingo). A inscrición no curso terá un custo de 25€.
O curso será impartido por Alexandre Sanmartín, actual seleccionador galego e responsable da formación de adestradores de Gaelic Games Europe.
Máis información: 604068390 / coaching.officer.europe@gaa.ie.