Novas

Xornadas abertas en Louro (Muros)

O proxecto de Gaélico Escolas continúa a difundir o fútbol gaélico en toda Galicia, esta vez na localidade de Louro, Muros.

A través do seleccionador galego feminino, Pablo Da Silva, as rapazas da comarca de Muros tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o noso deporte e desfrutar dunha xornada de convivio, na que tamén participaron membros da selección galega.

A xornada tivo lugar o pasado 24 de setembro no campo de fútbol de Agra de Filgueira (Louro), cunha sesión práctica que contou cun éxito de participación.