Que ofrecemos?
A motivación principal das Gaélico Escolas .GAL é a de fomentar a práctica do fútbol gaélico entre as nenas e nenos que se atopan en idade escolar, promovendo os valores que leva intrínsecos o noso deporte e formando futuros xogadores. Para acadar este obxectivo, as Gaélico Escolas .GAL bridan o apoio necesario para desenvolver actividades de divulgación, iniciación e perfeccionamento, englobadas dentro dos seguintes programas.
1. Unidade didáctica
Impartición por parte de adestradores con titulación oficial dunha unidade didáctica de 4 sesións, no que se fará unha introdución á historia do fútbol gaélico (mundial e galega), e ensinaranse as habilidades básicas do deporte mediante ejercicios e xogos.
2. Participación en torneos
As Gaélico Escolas .GAL organizan e promoven torneos de carácter comarcal, orientados á participación de nenos e nenas que xa están algo familiarizaron co deporte por teren recibido a unidade didáctica previamente comentada, ou teren coñecementos previos do deporte. Adicionalmente, as Gaélico Escolas .GAL organizan anualmente torneos de carácter galego no que participan aqueles rapaces con un coñecemento un pouco máis avanzado, optando a competir no Féile (camptionato europeo cadete).
3. Actividades extraescolares
Impartición por parte de adestradores con titulación oficial de actividades fóra do horario lectivo, dentro do programa de actividades extraescolares dos centros de estudo, de forma que os nenos e nenas interesados poidan profundizar na aprendizaxe do fútbol gaélico. Estas actividades terán típicamente unha frecuencia semanal, requirindo un número mínimo de participantes (a consultar).