Novas

Primeira edición do campus de verán organizado por Turonia GFG

primeira-edicion-campus

Durante cinco días, 32 rapaces e rapazas aprenderon as nocións básicas do fútbol gaélico e tamén desfrutaron das diferentes actividades lúdicas. Ao acto de clausura asistiron os adestradores da selección galega de fútbol gaélico, Pablo de Silva e Alexandre Sanmartín, así como co alcalde e a concelleira de deportes do Concello de Gondomar. Dende as Gaélico Escolas estamos tremendamente contentas/os e agardamos que isto só sexa o principio de máis.