Novas

As refuxiadas tamén xogan ao gaélico

O fútbol gaélico chegou ao campo de refuxiadas de Ioannina, en Grecia, este mes de setembro. Faino da man do adestrador nacional galego Alexandre Sanmartín, ‘Jano’, co obxectivo de que os seus habitantes esquezan por unhas horas a súa dura situación. O deporte demostra, unha vez máis, o seu valor social.

Como responsábel europeo oficial dos técnicos de deportes de orixe irlandesa dentro do organismo Gaelic Games Europe desde 2019, ten participado en numerosas actividades en varios países e este ano resolveu dar un paso máis e participar nun proxecto solidario e de cooperación.

Nova completa: https://www.nosdiario.gal/articulo/deportes/refuxiadas-tamen-xogan-ao-gaelico/20220908210508151976.html