Axenda

18/12/2021: Torneo de Nadal

Torneo de Nadal en Vigo

O sábado 18 de decembro temos planazo para os nosos pequenos e todos os amantes do fútbol gaélico, un evento xa clásico dentro da axenda galega do fútbol gaélico. Organizaremos en Vigo, no Campo da Mina, un torneo infantil ao que están convidados todos e todas as pequenas que queiran coñecer algo máis do noso deporte. Comezaremos con un pequeno adestramento, no que ensinaremos as normas aos recén chegados, para acabar a mañán con un torneo no que poderán practicar do aprendido e desfrutar co resto de compañeiros.

Torneo de Nadal en Vigo