Fútbol Gaelico

Unha variante do fútbol de orixe irlándes

orixe-futbol-gaelico

O fútbol gaélico é unha variante do fútbol xogada principalmente en Irlanda, sendo o deporte con maior popularidade deste país (enchen estadios de 100.000 persoas). Xógase en equipos de 15 xogadores (no noso país son 11) nun campo rectangular de céspede, con porterías en forma de H a ámbolos dous lados. O obxectivo principal é anotar o maior número de puntos, marcando goles (3 puntos) ou lanzando o balón por enriba do longueiro (1 punto). Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo co pé e pasándoo (golpeando o balón coa man) entre compañeiros de equipo.

O fútbol gaélico conta ademais cuns valores únicos dentro do mundo do deporte: é un deporte amateur por definición e promove a cultura do “terceiro tempo”, primando a camaradería entre rivais.