1.- TRATAMENTO DE DATOS

ASOCIACION GALEGA DE FUTBOL GAELICO, con CIF G70404090, como promotor principal do proxecto Gaélico Escolas informa a través da web do proxeto gaelicoescolas.gal sobre a súa política de privacidade respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal de calquera titular co que manteña unha relación na que se requira o tratamento dos seus datos.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras acciones sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais, sen prexuízo do indicado no apartado 4 desta política.

2.- LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.

3.- COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS

No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios, e outros sistemas de comunicación) informámoslle de ditas mensaxes diríxense exclusivamente ó seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se vostede non é o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.

De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de Servicios da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e a Directiva 2002/58/CE, comunicamos que no suposto de que non desexe recibir comunicacións e informacións do noso proxecto mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indique por esta mesma vía indicando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS” para que os seus datos persoáis sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días desde ou seu envío. No suposto de que non recibamos contestación expresa pola súa parte, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa empresa siga realizando as referidas comunicacións.

4.- RESPONSABLES DE TRATAMENTO

En cumprimento da lexislación vixente en Protección de Datos indicámoslle que os datos persoáis que vostede nos facilita de forma voluntaria por calquera dos nosos medios de recollida de información serán incorporados a tratamentos automatizados e/ou manuáis, sendo ASOCIACION GALEGA DE FUTBOL GAELICO o Responsable dos mencionados tratamentos. Os datos poderán cederse ás entidades públicas ou adheridas ao proxecto das Gaélico Escolas e que estexan directamente implicadas na organización dunha actividade ou evento, sempre e cando sexa imprescindible para o desenvolvemento da mesma. Os datos non serán compartidos con entidades non públicas ou que non estexan adheridas ao proxecto das Gaélico Escolas de ningún xeito.

Así mesmo, declara e garante que mantén os nivéis de seguridade para a protección de datos persoáis conforme dispón a lexislación vixente, e que estableceu tódolos medios técnicos ó seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado, roubo dos datos facilitados polos interesados e para que os seus empregados observen esas prescricións, así como o deber de segredo sobre os datos obxecto da protección e demais obrigas de confidencialidade vixentes.

Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera este tratamento ou durante os anos precisos para cumprir as obrigas legáis. Unha vez finalizada a relación que xustifica o tratamento de datos, estes serán bloqueados conforme ó disposto na normativa, transcorrido o prazo legalmente establecido serán eliminados. Consultar no apartado cinco o prezo de conservación segundo a súa finalidade.

A normativa de protección de datos confírelle ó titular dos datos persoais os seguintes dereitos:

  • Dereito a revocar calquera consentimento prestado previamente.

  • Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos se están tratando e ás características do tratamento levado a cabo.

  • Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces.

  • Dereito de potabilidade: Poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.

  • Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.

  • Dereito de cancelación: Solicitar o cese do tratamento dos datos e a súa supresión cando non sexa necesaria a súa conservación.

  • Dereito a interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos C/ Jorge Juan, 6 28001-Madrid – FAX: 914483680- TELF: 901 100 099- E-mail: ciudadano@agpd.es.

Se desexa más información respecto ó tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, opoñerse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito a: ASOCIACION GALEGA DE FUTBOL GAELICO en RUA SAN LAZARO S/N, 15701 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA) ou mediante correo electrónico a info@gaelicoescolas.gal.

A mencionada comunicación deberá reflexar a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.

O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Non obstante, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase aportar a documentación que acredite esta representación do interesado.

5.- FINALIDADES DOS TRATAMENTOS DE DATOS

Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún ou todos os Responsables de Tratamento enumerados anteriormente:

  • XESTION DE CLIENTES: Poder prestar os servizos contratados e facturar os mesmos. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legáis.

  • XESTION DE POSIBLES CLIENTES / CONTACTOS: Xestión dos datos necesarios dos clientes para poder enviarlles publicidade relacionada cos nosos produtos e servizos por calquera medio dispoñible, enviar orzamentos de servicios e/ou produtos, e convidarlles a eventos do seu interese. Os datos proporcionados conservaranse mentres non solicite o cese do mencionado tratamento.

  • ORGANIZACIÓN DE EVENTOS: Xestión dos datos de clientes para poder organizar eventos (eventos deportivos, cursos, charlas e outras actividades de difusión ou formación) por parte de calquera dos Responsables do Tratamento. Os datos proporcionados conservaranse mentres non se solicite o cese do mencionado tratamento ou durante os anos necesarios para a xustificación da actividade.

  • XESTION MULTIMEDIA: Xestión das imaxes e/ou vídeos captadas nos diferentes eventos organizados dentro do marco do proxecto das Gaélico Escolas para a difusión da actividade e/ou xustificación da mesma. Os datos serán conservados mentres teña relevancia a difusión da actividade ou ata que se solicite a cancelación da mesma.

  • XESTION COMERCIO ELECTRONICO. Xestión dos datos necesarios para poder realizar a xestión da tenda online, tramitar os pedidos e o envío dos produtos. Os datos conservaranse mentres non se solicite o cese de mencionado tratamento.

  • XESTION SOCIOS. Xestión dos datos necesarios dos socios para poder realizar as comunicacións necesarias, prestar los servicios da asociación e enviar comunicacións. Os datos conservaranse mentres non se solicite o cese do tratamento.